Cova da Xabreira
é para ti se…
Atopa…
en Seadur un lugar onde sentir a forma tradicional de vida e ser parte da aldea.
Na Cova da Xabreira unha adega en Valdeorras onde:
Volve…
ás orixes, á aldea, aos SABORES.
Abre…
os teus sentidos ás nosas #experienciascoveiras
Coveiro/coveira:
Dícese daquel ou aquela que unha vez descobre As Covas de Seadur desexa repetir a experiencia.
Coveirismo:
Actitude AAA! Amigable, Aberta e Alegre #ante a vida de todo coveiro e coveira de ben.
Coveirear:
Acción daquela persoa que goza nunha Cova de bo viño, boa comida e boa compañía.
Se crees que este estilo de vida encaixa contigo continúa lendo, porque temos moitas ganas de que veñas a coveirear a Cova da Xabreira.
Valdeorras é unha comarca cunha cultura vitícola propia. O arraigo á viña, á elaboración de viños e ao goce en covas e adegas foron pasando de xeración en xeración. As adegas foron, e son, lugares de lecer e reunión entre amigos e familiares. Todo un estilo de vida.
A orixe desta cultura do viño vén dos romanos. A riqueza de minerais da zona e a orografía propiciou a romanización e o asentamento de aureadores que extraían ouro do Sil.
Todo iso motivou ser a primeira zona onde se cultivou a vide en Galicia
Viños Cova da Xabreira D.O. Valdeorras
Valdeorras é unha terra fértil, berce do Godello e do Mencía. Xa os romanos elixiron Seadur pola súa riqueza, clima e localización para asentarse, comezando a plantar vides e elaborar viño.
O amor polo noso pasado, aldea e viñas fai que os viños que elaboramos leven un anaco desta alma coveira. Así que te animamos a probar os nosos ricos viños D.O. Valdeorras para que descubras novos aromas e sensacións…

Experiencias gastronómicas na Cova da Xabreira




Unha experiencia gastronómica na Cova da Xabreira é volver aos sabores de toda a vida, a produtos de primeira calidade a os que non fai falta engadirlles nada máis. Todo esto acompañado da experiencia de visitar e coñecer unha adega de cova tradicional por dentro.
Eleximos a brasa para cociñar, porque así logramos conservar a esencia dos pratos feitos a base de productos da zona e de tempada, sempre acompañados dos nosos viños, un bo pan, sobremesas e postres de elaboración propia.
Nas nosas experiencias gastronómicas nunca faltarán os contos, un viño e algunha que outra sorpresa…
Experiencias en As Covas, Seadur e Valdeorras
Cova da Xabreira é moito máis que unha adega onde comer e beber, queremos que visites e sintas a nosa aldea, viñas e covas. Por iso ao longo do ano poderás participar de diferentes #ExperienciasCoveiras para vir só, con amigos ou familia. Descúbreas na nosa AXENDA.
Tes moito que explorar en Seadur, pero tamén na comarca de Valdeorras e arredores. Mira todas as actividades, roteiros e lugares que che propoñemos.

