Slide toggle

Welcome to Zass

Zass is a powerfull WordPress / Woocommerce theme with a modern, pixel perfect design suitable for handmade artisans, craft businesses and portfolio websites.

This is a custom, collapsible widget area. Use it like any other sidebar and easily place any number of widgets here.

Have a Question?

Monday - Friday: 09:00 - 18:30 409 Mladost District, Sofia Bulgaria +359 2 123 456 +359 2 654 321 shop@zass.con

Descobre as Covas de Seadur

Volve ás orixes, ao sabor, aos sentidos máis primitivos.

Cova da Xabreira é a adega enxebre que desexarás compartir con persoas especiais

  • Viño. Eixo sobre o que viran as #experienciascoveiras de Cova da Xabreira.
  • Tradición. Respecto polo pasado, polos nosos devanceiros e por As Covas de Seadur.
  • Cultura. Admiración pola cultura do viño de Valdeorras e cultura gastronómica galega.

Cova da Xabreira e Covas de Seadur, lugar de encontros

Cova da Xabreira é unha pequena adega onde elaboramos viño baixo a D.O. Valdeorras e que se atopa no conxunto etnográfico de Covas de Seadur.

Cova da Xabreira, como as máis de 70 Covas de Seadur, nace das persoas. Nace da necesidade de ter un lugar baixo terra onde, non só onde elaborar e conservar o viño en excelentes condicións, senón tamén, onde compartilo con outras persoas.

Esta necesidade remóntase séculos atrás, cos romanos, que elixiron Seadur por estar nun lugar privilexiado para a viticultura, tanto pola súa localización e clima, como polo seu chan privilexiado para o cultivo da vide. Segundo conta a lenda popular, os romanos, durante a construción das pontes da Via Nova ( Bibei e Cigarrosa), emborrachábanse polas noites con viño tostado de Seadur.

Hai moitas máis historias sobre As Covas de Seadur. As máis actuais seguro que nolas poderían contar os que viñeron á festa dás Covas de Seadur. E as máis antigas veñen desde a época prerromana, a medieval, as desamortizacións, a guerra da independencia contra os franceses ou a Guerra Civil. De feito, na árbore da terraza de Cova da Xabreira aínda se poden ver varios buracos de balas.

Seadur foi unha das portas de Valdeorras. Antigamente os pobos do outro lado da montaña, pasaban por As Covas no seu camiño cara ás feiras do Val. Os veciños de Seadur abrían as súas adegas aos camiñantes para que probasen o seu ben máis prezado: o seu viño. Esta cultura coveira chegou ata os nosos días e non é estraño atoparse con xente compartindo cos seus amigos na súa adega, contándose historias ou votando unha cantiguiña.

Simón, alma coveira, tras Cova da Xabreira

Simón, fillo de Ramón. Ningún naceu en Seadur, con todo, Ramón é fillo adoptivo do pobo e Simón sente Seadur e As Covas como algo moi seu. Tanto que en plena crise Covid e da hostalería lánzase con toda a súa alma coveira a un proxecto que aúna tradición e innovación.

Araceli, a nai de Simón, si naceu en Seadur, tamén os seus avós e tataravós. De feito, a avoa de Simón ensinoulle a elaborar o viño tostado. Un viño único, delicado e doce

Hai 10 anos os pais de Simón cedéronlle as viñas de Ou Freixeiro e A Cortiña e comezou a dedicarse á viticultura. Dende aquela, foi prantando novas parcelas con Godello e con variedades autóctonas galegas, coas que quere facer grandes e innovadores viños nos próximos anos.

Simón e o seu grupo de amigos, pasaron parte da súa mocidade gozando de música, veu e bo ambiente de cova en cova. Pero ademais, en Cova da Xabreira Simón e Ana celebraron a súa voda!

O seu soño é que poidas coñecer As Covas de Seadur e os seus viños, pero tamén que sintas Cova da Xabreira como el sinte Seadur, como o seu segundo fogar.

“Os meus devanceiros foron xente humilde que viviron do viño durante varias xeracións. Aínda que son fillo de emigrantes e crieime nunha cidade, sempre estiven moi ligado a Valdeorras, a súa tradición, cultura e traballo. Este proxecto é unha oportunidade para poñer en valor ou noso patrimonio, ademais axudar a que outros veciños de Seadur poñan en marcha proxectos complementarios”.

Este lugar de encontros chamado Cova da Xabreira é dende xa o teu lugar, un lugar ao que vir só ou con persoas especiais coas que compartir moito máis que bo viño, boa comida e boa conversación. Será o lugar no que gozar dunha gran experiencia coveira!

0
    0
    Carrito
    O teu carrito está vacio
    Máis información sobre os nosos viños
    Si está interesado nos nosos viños, por favor reencha o seguinte formulario.
    Política de privacidade
    Enviar mensaxe