Slide toggle

Welcome to Zass

Zass is a powerfull WordPress / Woocommerce theme with a modern, pixel perfect design suitable for handmade artisans, craft businesses and portfolio websites.

This is a custom, collapsible widget area. Use it like any other sidebar and easily place any number of widgets here.

Have a Question?

Monday - Friday: 09:00 - 18:30 409 Mladost District, Sofia Bulgaria +359 2 123 456 +359 2 654 321 shop@zass.con

Viño, gastronomía, natureza e tradición.

Atopa nunha contorna tan especial como As Covas de Seadur experiencias enogastronómicas que se adaptan a ti.

A liberdade é importante, verdade? Cada vez somos máis conscientes de que os plans teñen que ser flexibles. Por iso en Cova da Xabreira ofrecémosche unha alternativa de enoturismo única, para que a adaptes ao que che apeteza.

E por iso, ti poderás elixir entre as distintas actividades que programaremos na nosa AXENDA ao longo do ano en función da estación. Todas virarán en torno ao viño, a viticultura e o patrimonio etnográfico de Seadur. Pero tamén queremos que goces dunha experiencia práctica coa natureza e co campo e mostrarche o que son As Covas de Seadur.

Roteiros de Sendeirismo en Seadur

Se o teu é patear, animámoste a descubrir o Roteiro romano do viño, que pasa por diante da cova. Un roteiro circular con variantes de 10 e 15 quilómetros que discorre pola milenaria Via Nova e desde a que poderás gozar da natureza (castiñeiros, sobreiras e oliveiras).

 

Ademais, preparámosche algúns roteiros maravillosos para descubrir toda a contorna de Seadur: Viñas de Seadur (9,46 km), Camiños lanuxes de Seadur (13,46 km) e A Falcoeira de Seadur (5,57 km). Fai clic aquí e descúbreas en Wikiloc.

Onde durmir?

Área de autocaravanas Cova da Xabreira

Servizos: Carga e descarga de agua, grises, negras e pernoita.

Prazas: 10

Lembra indicar que vés en autocaravana cando fagas a reserva en liña.

non te quedes sen a túa praza!

Apetéceche bañarte nun río ou nadar baixo a montaña?

Nos arredores de Seadur temos zonas para o baño: entre Montefurado e As Chozas, en Larouco o Río Bibei, Caneiro nos cóbados de Larouco e en As Ermidas, encoro de Prada e da Veiga.

Que ver preto de Seadur?

Animámoste a visitar estes lugares de interese, algúns sorprenderante, empezando polo primeiro.

  • Burato do Lobo, en Montefurado. Antigua mina de oro romana.
  • Ruta senderismo da Enciña da Lastra, en Rubiá.
  • A Pincheira, en Fervenza, O Barco.
  • Ruta da Fraga, en San Xoán de Río.
  • A Cántara da Moura, en A Veiga.
  • O Teixedal de Casaio.
  • A Lagoa da Serpe, en Pena Trevinca.
  • Santuario das Ermitas, en O Bolo.

Que ver algo máis lonxe de Seadur?

Seadur, ademais de estar no límite entre Valdeorras e Ribeira Sacra, ten interesantes lugares que visitar nun radio duns 40 quilómetros. Tales como A Serra do Courel, Cabeza de Manzaneda, A Veiga, Viana do Bolo ou as Medulas.

Tanto se estás de paso, coma se vés descubrir a comarca de Valdeorras ou se vas de camiño á Ribeira Sacra fai unha parada en Seadur. Queremos que che deleites coa súa riqueza natural e enolóxica, e que descubras as súas Covas.

Sabores, natureza e patrimonio etnográfico en Seadur

¿Tí tamén queres gozar dos sabores de Galicia, da natureza e da cultura do viño de Valdeorras?

Esperamoste en Seadur, na Cova da Xabreira.

1
    1
    Carrito
    ¡REGALA XABREIRA!
    1 X 45.00 = 45.00
    Máis información sobre os nosos viños
    Si está interesado nos nosos viños, por favor reencha o seguinte formulario.
    Política de privacidade
    Enviar mensaxe