Slide toggle

Welcome to Zass

Zass is a powerfull WordPress / Woocommerce theme with a modern, pixel perfect design suitable for handmade artisans, craft businesses and portfolio websites.

This is a custom, collapsible widget area. Use it like any other sidebar and easily place any number of widgets here.

Have a Question?

Monday - Friday: 09:00 - 18:30 409 Mladost District, Sofia Bulgaria +359 2 123 456 +359 2 654 321 shop@zass.con

Vés comer a unha auténtica Cova de Seadur?

Goza dunha experiencia gastronómica diferente en Valdeorras.

Imaxinaches comer dentro dunha cova de hai séculos?

Ou vendo viñedos, castiñeiros e cerdeiras en flor?

Ou quizais escoitando música en directo?

Comer en Galicia é xa de seu é unha experiencia única. Temos de todo e todo sabroso, pero se ademais é nun lugar único en Valdeorras, en plena entrada á Ribeira Sacra, a cousa non pode ir a mellor.
En Cova da Xabreira temos opcións para todos os gustos. Iso si, que non falte nunca un bo pan galego, deses cos que non podes deixar de mollar.
Para os máis carnívoros? Carnes con gran sabor: vaca e o porco galegos.
Para os que non o son ou queren variar? Bacallau ou polbo á brasa.
Para os que non comen nin carne nin peixe? Unha tortilla ao noso estilo ou frescos e naturais produtos de tempada.
Para todos e todas? Froitas e froitos de cada tempada. No outono as nosas apreciadas castañas e na primavera as cereixas, as lambetadas de Seadur.
Todo iso regado cos nosos excelentes viños godello e mencía. Se es de licores non te vaias sen probar o noso licor café ou xastreu, ou mesmo o noso ben máis prezado: o viño tostado.
A quen non lle gusta algo doce de sobremesa? En Seadur é típico a bica e as cañitas de crema, pero quizá te sorprendamos con algo diferente.
E que non se nos esqueza o bolo, pero terás que vir ti mesmo a descubrir que é. Anticipámosche que non é pan, nin unha sobremesa, pero vén directo do forno…

Na Cova da Xabreira vivirás unha experiencia enogastronómica auténtica, que te levará de volta as túas orixes, onde degustarás viños e pratos da nosa grella elaborados con sinxeleza e que saben “ao que ten que saber”.

Estáseche facendo a boca auga? Ven a descubrir non só unha saborosa comida e grandes viños de Valdeorras, senón tamén o patrimonio e amabilidade de Seadur.

 

Ven á nosa Cova!

0
    0
    Carrito
    O teu carrito está vacio
    Máis información sobre os nosos viños
    Si está interesado nos nosos viños, por favor reencha o seguinte formulario.
    Política de privacidade
    Enviar mensaxe